Powered by RND

Radio Manoplas

Radio Manoplas
Radio Manoplas
Último episodio

Episodios disponibles

5 de 54
  • 4x10 #RadioManoplas: Sergio Puga Amoedo
    A décima entrevistada nesta tempada é Sergio Puga Amoedo.Sergio pasou a primeira parte da súa infancia en Espiñeiro (Teis) e, posteriormente, trasladouse a Coia. Alí, el e a súa familia atoparon un barrio con moitas carencias, pero no medio dese ambiente hostil, Menchu e Gelucho souberon crear un fogar protector, onde o sentido da xustiza estaba sempre presente. Familia na que a creatividade e a arte acompañan a moitas das súas integrantes.O noso entrevistado lembra con orgullo que foi el quen levou aos seus pais á parroquia do Cristo da Vitoria, onde quedaron abraiados coas "emilías", nas que se falaba de loitar polas persoas máis vulnerables e de facer comunidade para mellorar a vida do barrio. Foi nese espazo onde Sergio e as súas compañeiras coincidiron cun dominico novo, con experiencia no traballo con infancia en situación de risco, que os animou a comezar a xuntarse con crianzas e adolescentes da zona. Así, sen sabelo, estaban facendo traballo de educación de rúa, coa orientación e alento de Juan.Durante a súa etapa universitaria, Sergio recibiu a oportunidade de traballar acompañando a esa mocidade, para máis adiante, xa con Ana, comezar a vivir nunha casa de familia para crianzas tuteladas pola Xunta de Galicia. Daquelas experiencias, Sergio aprendeu que "o máis profesional de todo é a mirada de afecto", a sensibilidade e a intención de estar presente por e para eles. Tras traballar en diferentes entidades sociais, hoxe coordina o programa "En Familia", un proxecto de acollemento familiar para nenos, nenas e adolescentes que viven en centros de protección e non dispoñen de alternativas familiares.Rematamos a conversa agradecendo a sensibilidade de Sergio coa música de Jorge Drexler, nesta ocasión interpretando "Guitarra y vos".Botádenos unha man compartindo este proxecto, que podedes escoitar nas principais plataformas e na nosa web: http://alicerces.arkipelagos.net
    --------  
    33:18
  • 5x3 #RadioManoplas: Conchi Estévez Villar
    A terceira entrevista da quinta tempada é Conchi Estévez Villar.Conchi estudou Enfermaría en Compostela. En Portugal atopou emprego ao rematar a carreira, como tantas da súa xeración. Daqueles anos lembra ter adquirido a necesidade de formarse para ser unha profesional máis competente. Lembra tamén a importancia do grupo, da comunidade como sostén fronte á dureza da tarefa.Especializada en saúde comunitaria e con ampla experiencia laboral en pediatría, onde desempeñou tarefas de supervisora no Hospital Álvaro Cunqueiro de Vigo. Desde 2019 é profesora na Escola Universitaria de Enfermaría do Meixoeiro. Xunto con Irene Esperón, iniciou un seminario para o alumnado sobre comunicación en situacións difíciles, no que, a través do role playing, se abordan os acompañamentos máis axeitados.Na parte final da entrevista falamos de ASEIA, onde Conchi é presidenta, “unha asociación especializada na atención integral en saúde emocional e mental comunitaria dos nenos, adolescentes e as súas familias”. En 2025 organizan a décima edición das Xornadas de ASEIA, que levan por título: A vulnerabilidade das infancias e adolescencias: entre o risco e a oportunidade.Que gusto escoitar a profesionais como Conchi, que nos despide co tema "Perfect day" de Lou Reed.+info e episodios en alicerces.arkipelagos.net
    --------  
    34:40
  • 2x12 #RadioManoplas: Estefanía Rodrigues Araujo
    A entrevistada no falangullo número doce da segunda tempada é Estefanía Rodrigues Araujo, máis coñecida por Fani.Abrimos  a entrevista falando sobre Educación Social, estudos universitarios que  esta moza cursou no campus de Ourense. Grazas a este grao exerce de  educadora na mini residencia de protección “O Seixo”, en Vigo.Debullamos  con ela o funcionamento do sistema de protección infantil, o cal por  desgraza segue a ser un gran descoñecido para a meirande parte da  sociedade. Para Fani é moi importante superar os estigmas que aínda  perseguen a infancia tutelada. Para ela son moi necesarios os bos  equipos de traballo nos que a comunicación e a coordinación sexan piares  nos que soster o desempeño profesional.O coñecemento de Fani  sobre este mundo alén do académico é sobre todo vivencial. Dos 3 aos 18  anos viviu na casa de familia que as Carmelitas teñen en Vigo. Comparte o  arrepío que sentiu ao escoitar por boca dun técnico da Xunta que aos 18  anos tiña que buscarse a vida por ela mesma. Fala tamén da importancia  do vínculo coas crianzas que se atopan neste sistema.Un pracer  escoitar a Fani e coñecer os seus posicionamentos como educadora, onde o  vínculo e o agarimo son principios básicos. Ela é exemplo de que os bos  acompañamentos e apoios son moi importantes para dar futuro ás crianzas  que pasan polo sistema de protección. Despedímonos cunha tema de  Funambulista que leva por título: "Valiente y libre".Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en alicerces.arkipelagos.net/radio-manoplas
    --------  
    25:25
  • 3x5 #RadioManoplas: Avelino Da Rocha Pérez
    Avelino Da Rocha Pérez pasa polos micros de Radio Manoplas nun reencontro entre entre alumno e profesor da escola infantil. O entrevistado medrou en Tui, nun internado onde máis tarde comezou a  súa andaina laboral como educador en anos nos que Educación Social non  existía como título universitario. En 1984 abre en Coia a escola infantil “Rosalía de Castro”-daquela  nomeada como gardería- e Avelino xunto a un numeroso grupo de educadoras  inicia unha etapa marcada pola procura de formación así como pola  necesidade de crear do centro un lugar agradable no que as crianzas  puideran despregar con liberdade e tranquilidade as súas capacidades. Coincidindo co desastre do Prestige Avelino deixa a escola e marcha  para o edificio administrativo da Xunta de Galiza en Vigo onde pasa a  traballar con adolescentes no servizo encargado do cumprimento das  medidas fixadas polo xulgado de Menores. Avelino desprende o goce pola educación, unha tarefa que desempeña  dende a relación, o cariño e a profesionalidade que merecen os máis  cativos das nosas comunidades. Remata a entrevista cunha desas cancións  imprescindibles no repertorio de Avelino e que cantaba coas crianzas: “A  Carolina” nesta ocasión interpretada por Fuxan os Ventos. Botádenos unha man espallando este proxecto que podedes escoitar en: IVOOX, SPOTIFY, ARCHIVE e PODGALEGO. +info: http://alicerces.arkipelagos.net
    --------  
    30:07
  • 1x3 #RadioManoplas: Eva Gil Rodríguez
    Nesta ocasión a entrevistada é Eva Gil Rodríguez. Muller polifacética que pasou a súa infancia en A Cañiza, onde o seu pai era mestre da escola que facía tamén de vivenda familiar. Estudou Educación Social, mais segue a súa formación no Instituto Wilhelm Reich. Xente que viña participando nese espazo creou ASEIA (Asociación para a Saúde Emocional na Infancia e na Adolescencia), organización na que Eva é persoa activa. Falamos tamén con ela de persoas migrantes e de feminismos ao fío da súa actividade en Raias Traveseiras e no podcast A resistencia do dedo medio.Gusta da música e comparte en Radio Manoplas dúas pezas. A primeira que escoitamos é "Ain't Got No, I Got Life" de Nina Simone. Rematamos o terceiro programa con "Ela Propón" da música galega Mercedes Peón.+info: http://alicerces.arkipelagos.net
    --------  
    27:30

Más podcasts de Cultura y sociedad

Acerca de Radio Manoplas

Falangullo (ou podcast) de entrevistas. Intéresanos falar, e sobre todo escoitar, a persoas con vidas suxestivas e inspiradoras. Media hora para coñecer as súas historias contadas por elas mesmas que remata cunha canción.
Sitio web del podcast

Escucha Radio Manoplas, Sastre y Maldonado y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es

  • Añadir radios y podcasts a favoritos
  • Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
  • Carplay & Android Auto compatible
  • Muchas otras funciones de la app
Aplicaciones
Redes sociales
v7.17.1 | © 2007-2025 radio.de GmbH
Generated: 5/11/2025 - 12:12:59 PM