914 episodios
- (2:21) Unha exposición na Biblioteca Pública de Nova Iorq deu lugar a que Peter Kuper elaborase a fascinante banda deseñada "Insectópolis". Ideal para os amadores dos insectos e tamén para os que renegan destes bichos. O noso experto en banda deseñada é Daniel Pizarro. (15:07) Segunda parte da nosa adaptación da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei" que nos levará a analizar a vixencia do afamado test de Turing. (29:53) A miopía está a converterse nunha auténtica epidemia global, pero quizais o problema non sexan só as pantallas, senón a falta de luz natural nos nosos ollos. Conversamos con José Manuel Alonso (College of Optometry, Universidade Estatal de Nova York), que lidera unha investigación pioneira sobre como a cantidade de luz que chega á retina pode ser clave no desenvolvemento da miopía. Cando lemos en interiores ou en pantallas a pupila contráese para enfocar mellor, de tal xeito que á retina chega dez veces menos luz ca en circunstancias análogas no exterior.
- (2:09) Se collésemos os mexillóns que neste mesmo instante están pendurados nunha corda baixo as bateas das rías galegas e os repartísemos con cada un dos habitantes da terra, poderiamos darlle dous mexillóns a cada persoa, e aínda nos sobrarían un par de miles de millóns. Galicia é a terceira produtora de mexillón do mundo por detrás de China e mais Chile.
O problema é que nas últimas campañas a produción deste molusco ten descendido e cómpre preguntármonos que vai pasar no futuro e cal vai ser a incidencia do cambio climático neste recurso sostible e único co que contamos en Galicia. Para iso conversamos co profesor de investigación honorífico do CSIC Uxío Labarta.
(23:16) Efeméride do Calendario da Historia da Ciencia de Moncho Núñez.
(24:18) A primeira parte da nosa adaptación da obra de "divulficción científica" de Senén Barro "Algún día, quizais antes do que imaxinei" danos pe para falar de que a IA nin é tan intelixente nin tan artificial... - Monográfico dedicado a coñecer os proxectos "IGNICIA Proba de Concepto" da Axencia Galega de Innovación.
(4:54) Conversamos con María Mayán (CINBIO, Universidade de Vigo) sobre SENPAD, unha terapia baseada en péptidos senoterapéuticos para frear a artrose atacando a raíz da enfermidade.
(15:44) Óscar Pérez, CEO de KIUR, preséntanos esta spin-off de Gradiant que emprega intelixencia artificial para mellorar o tratamento das feridas crónicas.
(32:41) Moncho Núñez tráenos a efeméride do lapis con goma de borrar no seu Calendario da Historia da Ciencia.
(33:43) Camilo Prieto (responsable de aplicacións de láser de AIMEN) explícanos o proxecto L3DO de impresión láser 3D de materiais de altas prestacións demandados pola industria aeronáutica, espacial e da automoción.
(42:14) Faustino Castro, tamén de Gradiant, achéganos a DOKKEN, unha nova spin-off que automatiza a xestión documental en empresas mediante IA, facilitando a dixitalización de procesos complexos. - (4:17) A psiquiatra Iria Veiga debulla mitos sobre a ansiedade
(14:31) Moncho Núñez vén de escribir o libro "Eclipses: Historia e ciencia da ocultación extemporánea do sol". Acompañado de Marcos Pérez Maldonado (director dos Museos Científicos Coruñeses) coñecemos como a humanidade foi interpretando e estudando as eclipses solares.
(43:45) O xornalista científico Antonio Martínez Ron relátanos a aventura dos globos aerostáticos na eclipse de 1905 e o misterio das “serpes solares”. - Programa especial con público desde o Teatro Colón da Coruña no festival Coruña Comunica Ciencia. (0:16) Radioteatro "Calvet en bicicleta" ao vivo coas voces de César Goldi, Avelino González, Manu Fernández e Estíbaliz Espinosa, o piano de Juanjo Fernández e o contexto de Rosa Pedrido e Estíbaliz Espinosa.
Nos anos 30 do século XX, Fernando Calvet foi un catedrático de química innovador na docencia e na investigación. As novas autoridades franquistas desterran e expulsan a Calvet da súa cátedra na Universidade de Santiago. Calvet resiste e logra grandes fitos na industria farmacéutica, mesmo coa aquiescencia do réxime que quixo afogar a súa vida. Unha historia de solidariedade e mérito científico que se ramifica en direccións inesperadas, algunhas en bicicleta, e que chegan a hoxe en día.
Más podcasts de Ciencias
Podcasts a la moda de Ciencias
Acerca de Efervesciencia
Podcast oficial de Efervesciencia con todos os programas, versións estendidas e fragmentos.
Un programa de divulgación científica da USC que se emite na Radio Galega os xoves ás 21 horas.
Financiado pola FECYT (Fundación Española para a Ciencia e a Tecnoloxía - Ministerio de Ciencia, Innovación e Universidades)
Presentado e dirixido por Manuel Vicente.
No 2013 recibimos o Prisma dos Museos Científicos Coruñeses ao mellor programa de radio de divulgación.
Os podcast con numeración corresponden a programas íntegros.. www.efervesciencia.org
Sitio web del podcastEscucha Efervesciencia, Coffee Break: Señal y Ruido y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app
Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app


Efervesciencia
Escanea el código,
Descarga la app,
Escucha.
Descarga la app,
Escucha.
Efervesciencia: Podcasts del grupo





































