Saltar al contenido

Oíches?

Podgalego
Oíches?
Último episodio

8 episodios

  • Oíches?

    Oíches? 009/Sesión InterPlay 2022

    18/05/2022 | 46 min
    O pasado 8 de abril participamos no CIP Carballo #Interplay2022. Neste programa traemos un resumo das cousas que alí pasaron e se falaron.

    Grazas á organización e a todas as persoas que participaron e aportaron na produción deste episodio.

    Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas), Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira) e Uxío Broullón (areias sonoras).

    Créditos:

    Sintonía Oíches? (Midnight Lights, de WhatFunk, CC-BY).

    Foto: @leolopezfoto
  • Oíches?

    Oíches? 008/Diáspora Connection

    02/03/2022 | 50 min
    Moitas veces, estando migrantes, xurde en nós a necesidade de tender unha ponte coa terra e un xeito de facelo é producir un podcast en galego.

    Para contarnos a súa experiencia están hoxe connosco: Silvio Falcón (@carallobueno), María Sabarís (@ForadeMapa), Carlos Barros (@LondonMadrina) e tamén a nosa querida compañeira Cristina Terceiro (@viaxantas). Están lonxe, espallados pola Europa, mais ao mesmo tempo moi preto.

    00:00 Anteriormente en...

    00:40 Inicio

    01:17 Benvidas

    02:24 Presentación dos proxectos

    05:45 Que vos levou a facer un podcast en galego desde a diáspora?

    12:36 Morriña ou pandemia?

    20:10 Audiencias "locais"?

    25:00 A conexión coa comunidade

    32:44 O "bisté": Bueno Carallo Bueno vs Mimadriña!

    35:45 Novas entradas no directorio

    36:13 Consultorio técnico

    40:56 Os podcásts recomendados

    48:12 Off the record

    Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas, Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira) e Uxío Broullón (areias sonoras).

    Consultorio técnico: Jorge Lama (@raivenra).

    Aviso: Obviamente, non publicamos a "cousa secreta" que María nos contou off the record, é todo unha montaxe para facer risa.

    Créditos:

    Sintonía Oíches? (Midnight Lights, de WhatFunk, CC-BY),Sintonía Consultorio (Local Forecast - Slower, de Kevin MacLeod, Simplified Filmmusic.io Standard License), recursos sonoros do consultorio (Arquivo sonoro da BBC, BBC’s Content Licence for RemArc).
  • Oíches?

    Oíches? 006/Que facemos mal?

    10/01/2022 | 1 h 18 min
    Que facemos mal? Pois demorar máis do debido en publicar...

    Circunstancias alleas a nosa vontade fixeron que este programa, previsto para fin de ano, saia aínda agora :'( Sentímolo moito, non vai volver pasar.

    Analizamos a sondaxe que fixemos o mes pasado e presentamos unha nova sección: un consultorio técnico para resolver as vosas dúbidas, que chega da voz de Jorge Lama (https://twitter.com/raivenra).

    Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas, Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira) e Uxío Broullón (areias sonoras).
  • Oíches?

    Oíches? 005/Medios e podcasting

    26/11/2021 | 1 h 28 min
    O podcasting en galego xa non é só independente. Algúns medios do país tamén apostan por este formato non tan novo que colleu azos durante a pandemia. Hoxe falamos con algúns dos que na Galiza están a apostar polo podcasting, producindo o seu propio contido, como Praza, ou apoiando ós creadores e creadoras da terra, como Vinte, a revista Luzes ou a recente aposta da Radio Galega polos podcásts.

    Convidados: Ana González Liste (@prazapublica), María Yáñez (@vintenapraza), Ghanito (@RevistaLuzes) e Tania Fdez. Lombao (@RadioGalega)

    00:38 Presentación

    36:42 Entrevista a Tania Fdez. Lombao (Radio Galega Podcast)

    56:36 Conclusións

    1:12:05 Cuestionario do bolseiro

    Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas, Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira) e Uxío Broullón (areias sonoras).
  • Oíches?

    Oíches? 004/Voces novas, novos medios

    31/10/2021 | 1 h 13 min
    Se sodes seguidores fieis do Oíches? xa saberedes que a pandemia tivo un impacto positivo tanto no consumo de podcast como na creación de contidos en galego neste formato. No último ano a entrada de podcasts no directorio multiplicouse por máis de 3 e xa somos 190!

    Por iso, neste cuarto episodio queremos darlle voz á canteira, a algunha desas novas voces que nos fan gozar coas súas propostas: Cecilia Pose (@vagon91), David Sobrino (@AteneoRadio, @dsobrinoplatas) e Iago Blanco e Mateo Cao (@os_dousdesempre)

    Presentan: Cris Terceiro (Viaxantas) e Fran da Lobeira (As Conversas da Lobeira).
Más podcasts de Tecnología
Acerca de Oíches?
Oíches? é o podcast oficial de Podgalego, a comunidade de podcasts en galego. Promoción de podcasts e conversas arredor do podcasting.
Sitio web del podcast

Escucha Oíches?, Machine Gods y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es

  • Añadir radios y podcasts a favoritos
  • Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
  • Carplay & Android Auto compatible
  • Muchas otras funciones de la app