136 episodios
- Josiño Araujo achegouse ao COMO QUE NON?! por partida dobre. Viu presentarnos a estrea do seu documental "BAR BOO" no que repasa a carreira, ata agora descoñecida, do actor galego Luis Bar Boo. Un documental que se presentou no Festival de Sitges, ollo! E ademais presentounos a súa última novela "Corazón Indomable". Un Noir á galega, segundo di Dani Lorenzo, que se desenvolve nas rúas de Compostela. Josiño tamén tivo que contestar a unha pregunta de Pepe Capelán no seu CCCP. Fran Rodríguez abriu o seu "Museo Mutante" traéndonos edicións de películas en Blue Ray coa dobraxe en castelán que non teñen edición española! Alejandro Martínez "pini" inaugurou o programa cunha nova análise das súas "Efemérides de Entrada". Estiveron J. Pablo Sangiao, Alberto Cunha e, polo que sexa, Carlos Tresandí. A música en directo volveu estar protagonizada pola banda "Leira Rock", composta por David Carreira e Fidel Sánchez, que nos interpretaron o tema "Casadeira".
- E fíxoo respondendo a unha nova pregunta de Pepe Capelán no seu CCCP. Carlos Tresandí estivo falando con el do evento "CAOS EN SAMAÍN" baixo a atenta mirada de J.Pablo Sangiao e Fran Rodríguez. Alejandro Martínez "Pini" volveu inaugurar o programa cunha análise precisa dunha nova Efeméride de Entrada. Alberto Cunha levounos de viaxe nas súas "5 Escalas de Cunha". O percorrido partiu de Kurt Russell e tivo que chegar ata as Covas de Altamira. Cales serían as cinco paradas? Dani Lorenzo deleitounos cunha nova edición bizarra de "Mundo Paquitof" onde repasou a incursión de Fernando Esteso na música lixeira. A música en directo correu a cargo da banda "Leira Rock" composta por David Carreira e Fidel Sánchez que nos interpretaron o tema "Mariscador".
- ería quen de superar as puntuacións anteriores e poñerse en cabeza? Alejandro Martínez "Pini" seguiu analizando Efemérides de Entrada coa mestría que o caracteriza. J. Pablo Sangiao protagonizou unha nova Versión Sangiao na que se atreveu cunha canción eurovisiva de 1984. Fran Rodríguez, Dani Lorenzo e Alberto Cunha axudaron no que puideron a Rubén no concurso e a música en directo correu a cargo da banda "Leira Rock" composta por David Carreira e Fidel Sánchez."
- E tamén dos traballos nos que xa están metidos como o flamante "Die or Die". Ademais, Carlos Tresandí tamén lle preguntou pola súa faceta como propietario da empresa de loita libre "Atlántica Wrestling" e dos seus vindeiros eventos. Alejandro Martínez "Pini" volveu empezar o programa analizando Efemérides de Entrada. Fran Rodríguez abriu o Museo Mutante para falarnos da perda de dereitos das figuras de DC por parte da empresa McFarlane e para amosarnos unhas figuras fantásticas de Batman e Superman cortesía da empresa asiática FondJoy. Estiveron presentes J. Pablo Sangiao, Dani Lorenzo e Alberto Cunha. Tivemos pregunta para Rubén Calles no CCCP de Pepe Capelán e a música en directo volveu correr a cargo dos Solitude Jazz Quartet (Adonais Pereira ao piano, Xoel Rivas á batería, André Soaxe ao baixo e Jorge Ferreira ao saxofón) que nos interpretaron unha versión do emblemático tema de Duke Ellington "Caravan".
- Alberto Cunha presentounos unha nova edición de "As 5 Escalas de Cunha" na que foi quen de unir musicalmente 5 conceptos partindo do Mosteiro de San Pedro de Rocas e con Kurt Russell como destino. Dani Lorenzo volveu tratar o tema do "Spanish Bizarro" no seu "Mundo Paquitof" e puidemos gozar da música de Salvador Dalí e Jaime de Mora y Aragón ( e non é broma...) Alejandro Martínez "Pini" analizou unha nova Efeméride de Entrada proposta polo noso director Carlos Tresandí. J. Pablo Sangiao estivo subdirixindo todo o programa e Fran Rodríguez encargouse de puntualizar todo o que foi necesario. A música en directo volveron poñela os Solitude Jazz Quartet (Adonais Pereira ao piano, Xoel Rivas á batería, André Soaxe ao baixo e Jorge Ferreira ao saxofón) que nos interpretaron o clásico tema de Miles Davis: "Nardis".
Más podcasts de Humor
Podcasts a la moda de Humor
Acerca de Todos os podcast | Como que non?
Programa de humor e variedades con Carlos Tresandí
Sitio web del podcastEscucha Todos os podcast | Como que non?, Sastre y Maldonado y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app
Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app


Todos os podcast | Como que non?
Escanea el código,
Descarga la app,
Escucha.
Descarga la app,
Escucha.
Todos os podcast | Como que non?: Podcasts del grupo








































