73 episodios
- Cruz Martínez-Risco é unha figura clave do cinema galego, soterrada durante moitas décadas baixo a lousa dun inexplicable silencio. Filla serodia do intelectual Vicente Risco, estudou Xornalismo en Madrid e posteriormente formouse en Socioloxía e Dirección e Cinema na Universidade de París 8, nun contexto de renovación cultural tras o Maio do 68. Alí coñeceu outras estudantes que formaron con ela o Grupo 4, un colectivo de cineastas no que tamén participaban Elisabeth Aguirre, Pilar del Caz e Begoña Zanguitu. No verán de 1977, as catro mulleres viaxaron a Galicia para rodar o documental Por que marchamos, traballo fin de carreira de Cruz. O filme, de algo máis de media hora de duración, amosa como as galegas e galegos emigrados en Francia, ao volver a Galicia no verán, facían exhibición dunha riqueza que non tiñan, especialmente nas procesións relixiosas, que enchían de billetes. Coa integrante galega guiando a rodaxe, rexistraron escenas singulares en romarías, o que significou unha memoria audiovisual de gran valor para a identidade galega. A pesar de proxectarse en festivais coma a Seminci e en aldeas e cidades galegas, a cinta perdeuse, e só se conserva unha memoria escrita que documenta o seu contido e intencións. Cruz Risco tamén exerceu de técnica de son en títulos coma Le Musée fantôme (Jean Lassave, 1974); filmou a caída do réxime salazarista e o ronsel do 25 de abril; colaborou con Iñaki Núñez Rozados en Toque de queda (1976); rodou a curta Villa Los Ángeles mentres vivía en Altea (Alacant); escribiu con Emilio Pérez Calviño en Galicia o guión de Meiga; colaborou con Chano Piñeiro en Esperanza (1986); e fixo o son de Río de sombras (Daniel Domínguez, 1986). A investigación que comeza a agromar arredor da súa figura revela unha muller moderna, culta, rebelde e libre, e unha das primeiras galegas que se tentou profesionalizar no cinema. Pioneira esquecida, empeza hoxe a recoller recoñecementos tardíos que iluminan a creación audiovisual feminina en Galicia.
MARINA LEDO E BEGOÑA VILLAR. Primeira parella feminina de policías locais en Vigo
16/09/2026 | 41 minCorría o ano 1981 cando Marina Ledo ingresou na Policía Local de Vigo. Foi unha das tres axentes da primeira promoción con mulleres. Dous anos despois, en 1983, vestiu o uniforme Begoña Villar. En 1985, fartas de que a cidadanía falase só cos seus compañeiros homes, fixeron historia ao converterse na primeira parella de mulleres policías locais que patrullaban xuntas as rúas de Vigo. Nun momento en que a presenza feminina nos corpos de seguridade era minoritaria, a súa incorporación en equipo simbolizou un cambio de mentalidade e un paso cara á igualdade real no ámbito policial. Ambas superaron as probas de acceso nunha convocatoria aberta e tiveron que afrontar non só o reto profesional de garantir a seguridade cidadá, senón tamén prexuízos e estereotipos de xénero.
Ao principio dirixían o tráfico con saia, tacóns e bolso, o que reforzaba estes estereotipos e limitaba a súa capacidade de movemento. O seu traballo nas patrullas destacou polo trato próximo coa veciñanza e a capacidade de resolución en situacións complexas. Co paso dos anos, a súa experiencia contribuíu a normalizar a presenza de mulleres en todos os servizos e rangos da Policía Local e inspirou moitas novas axentes que hoxe, grazas ao camiño que abriron estas pioneiras, ven na Policía unha profesión onde hai lugar tamén para elas.Avance -MARINA LEDO E BEGOÑA VILLAR. Primeira parella feminina de policías locais en Vigo
27/08/2026 | 6 minCorría o ano 1981 cando Marina Ledo ingresou na Policía Local de Vigo. Foi unha das tres axentes da primeira promoción con mulleres. Dous anos despois, en 1983, vestiu o uniforme Begoña Villar. En 1985, fartas de que a cidadanía falase só cos seus compañeiros homes, fixeron historia ao converterse na primeira parella de mulleres policías locais que patrullaban xuntas as rúas de Vigo. Nun momento en que a presenza feminina nos corpos de seguridade era minoritaria, a súa incorporación en equipo simbolizou un cambio de mentalidade e un paso cara á igualdade real no ámbito policial. Ambas superaron as probas de acceso nunha convocatoria aberta e tiveron que afrontar non só o reto profesional de garantir a seguridade cidadá, senón tamén prexuízos e estereotipos de xénero.
Ao principio dirixían o tráfico con saia, tacóns e bolso, o que reforzaba estes estereotipos e limitaba a súa capacidade de movemento. O seu traballo nas patrullas destacou polo trato próximo coa veciñanza e a capacidade de resolución en situacións complexas. Co paso dos anos, a súa experiencia contribuíu a normalizar a presenza de mulleres en todos os servizos e rangos da Policía Local e inspirou moitas novas axentes que hoxe, grazas ao camiño que abriron estas pioneiras, ven na Policía unha profesión onde hai lugar tamén para elas.AS MULLERES NO MUNDO DO VIÑO. Abrirse camiño reivindicando territorio e identidade
19/06/2026 | 1 h 3 minO viño é parte fundamental da cultura galega e, na provincia de Pontevedra, as mulleres xogaron un papel constante pero historicamente invisibilizado. Tradicionalmente, foron as encargadas do coidado das viñas, da vendima, do pisado e da conservación, e transmitiron saberes vitivinícolas de xeración en xeración. Co paso do tempo, moitas delas asumiron tamén a xestión das adegas, especialmente cando os homes emigraban. Nos últimos anos, a súa presenza profesionalizouse e diversificouse: enólogas, sommelieres, comercializadoras e responsables de innovación, ademais de liderar proxectos premiados na Denominación de Orixe Rías Baixas.
Aínda que as cifras seguen revelando unha menor porcentaxe de mulleres en cargos directivos, a tendencia é ascendente e o seu recoñecemento no sector aumenta, abrindo camiño para novas xeracións que vinculan viño, territorio e identidade. Exemplos coma o de Anónimas Viticultoras, que este ano acadou o Premio Isabel Mijares na categoría de mellor novo proxecto, dentro da Barcelona Wine Week, talvez o máis prestixioso dos salóns do viño que se celebran na península ibérica, revelan un cambio de paradigma. O seu proxecto comezou no 2016 no corazón do Salnés grazas á unión dos talentos da enóloga Cristina Yagüe e da adegueira María Falcón para fundar unha iniciativa que se levanta sobre dúas premisas: outorgarlle visibilidade á figura da muller, fundamental pero desapercibida para o gran público no ámbito da vitivinicultura, e extraerlles todo o seu potencial ás moitas e potentes variedades de uva que crecen en Galicia.- O viño é parte fundamental da cultura galega e, na provincia de Pontevedra, as mulleres xogaron un papel constante pero historicamente invisibilizado. Tradicionalmente, foron as encargadas do coidado das viñas, da vendima, do pisado e da conservación, e transmitiron saberes vitivinícolas de xeración en xeración. Co paso do tempo, moitas delas asumiron tamén a xestión das adegas, especialmente cando os homes emigraban. Nos últimos anos, a súa presenza profesionalizouse e diversificouse: enólogas, sommelieres, comercializadoras e responsables de innovación, ademais de liderar proxectos premiados na Denominación de Orixe Rías Baixas.
Aínda que as cifras seguen revelando unha menor porcentaxe de mulleres en cargos directivos, a tendencia é ascendente e o seu recoñecemento no sector aumenta, abrindo camiño para novas xeracións que vinculan viño, territorio e identidade. Exemplos coma o de Anónimas Viticultoras, que este ano acadou o Premio Isabel Mijares na categoría de mellor novo proxecto, dentro da Barcelona Wine Week, talvez o máis prestixioso dos salóns do viño que se celebran na península ibérica, revelan un cambio de paradigma. O seu proxecto comezou no 2016 no corazón do Salnés grazas á unión dos talentos da enóloga Cristina Yagüe e da adegueira María Falcón para fundar unha iniciativa que se levanta sobre dúas premisas: outorgarlle visibilidade á figura da muller, fundamental pero desapercibida para o gran público no ámbito da vitivinicultura, e extraerlles todo o seu potencial ás moitas e potentes variedades de uva que crecen en Galicia.
Más podcasts de Historia
Podcasts a la moda de Historia
Acerca de Aquí faltan páxinas
Un pódcast da Deputación de Pontevedra onde cada mes coñecerás historias de mulleres galegas extraordinarias que non sempre saen nos libros. Mulleres científicas, artistas, escritoras, enxeñeiras, filósofas, aviadoras… Faltan moitas páxinas por escribir. Os libros de historia que se utilizan nas nosas escolas aínda constrúen unha visión subxectiva e parcial do mundo. Recuperar esta xenealoxía de mulleres non é só unha cuestión de xustiza, tamén é educar en igualdade para mostrar referentes femininos, para ter unha visión real do noso pasado e construír un camiño máis libre cara ao futuro.
Sitio web del podcastEscucha Aquí faltan páxinas, Memorias de un tambor y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app
Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app


Aquí faltan páxinas
Escanea el código,
Descarga la app,
Escucha.
Descarga la app,
Escucha.
Aquí faltan páxinas: Podcasts del grupo




































