136 episodios
- Dámosvos a benvida ao consultorio máis fabuloso de Internet! Neste episodio, os mekemekes sentámonos a responder as preguntas, dúbidas, dilemas e ocorrencias que nos enviastes. Hai consellos útiles?Probablemente non. Hai respostas inesperadas, anécdotas e moitas risas? Diso vai sobrado.
Grazas por enviarnos as vosas preguntas e por facer posible este consultorio tan peculiar. Se queredes participar nos próximos episodios, prestade atención ás nosas redes porque anunciaremos a pretempada para despois do verán.
Preparade papel e lápis, porque os expertos en absolutamente nada xa están aquí para axudarvos.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon. - POR FIN! Tanto falar e nunca fixéramos un programa sobre a raíña da nosa gastronomía: a empanada.
Neste episodio mergullámonos no mundo das empanadas: de atún, de zorza, de millo, de bacallau con pasas... as de toda a vida.
Falamos dos segredos para que o mollo quede no punto e, o máis importante: poñemos a proba aos nosos mekemekes cunha cata.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon. - Neste episodio falamos do Camiño de Santiago. Tanto das cousas chulas, como os bocadillos de tortilla míticos e a sensación de chegar a un albergue e que aínda queden literas libres. E das cousas non tan chulas, como os ronquidos alleos ás 3 da mañá, as ampolas en sitios impensables e a xentrificación das vilas.
En resumo: facer o Camiño é unha chulada, mais tamén hai que falar de como están transformando a nosa economía para mal. E disto último lado falamos máis.
Descubre se es máis de cuncha colgada ao peito ou de tirar a quen a leva pendurada da mochila.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon. - Neste programa especial no Festival de Cans preguntámonos: e se os galpóns xa non serven só para gardar o tractor?
Exploramos ideas revolucionarias coa bailarina e actriz porriñesa, Janet Novás, para darlles unha segunda vida a estas edificacións completamente legais:
🏡 Alugar galpóns para vivir: Porque quen necesita fiestras cando podes espertar cada día co aroma a silo e o cacarexo dunha pita libre? (Inclúe humidade de balde).
🚜 Chimpíns como transporte público: Esquece o tren de alta velocidade. Imaxina ir ao Morrazo polo monte a velocidade de chimpín, sen atascos e cunhas canisas con astillas.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon. - QUE PASAAADA, MEKEMEKES! Hoxe poñémonos a proba cun desafío tecnolóxixo: preguntas trampa, mitos tecnolóxicos e a nosa cara cando non sabiamos que era o PIN. Quen será o auténtico mekemeke tecnolóxico?
Se che gusta a tecnoloxía e o humor: PARTICIPA! Deixa a túa puntuación nos comentarios e retade a outros mekemekes.
Descubre os mellores momentos de cada programa no noso Instagram, Twitter e TikTok.
🔥 Forma parte dos mekemekes no noso Patreon.
Más podcasts de Humor
Podcasts a la moda de Humor
Acerca de Exército Mekemeke
Únete á parroquia máis grande de toda Internet! Un programa presentado por Carlos Vieito.
Sitio web del podcastEscucha Exército Mekemeke, Nadie Sabe Nada y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app
Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app


Exército Mekemeke
Escanea el código,
Descarga la app,
Escucha.
Descarga la app,
Escucha.

























