90 episodios
- Silvio e Alberte volven a súa ratonera despois de estrear tempada por todo o alto. Por non fliparse, para que non se lles suban os fumes, para non volverse AÍNDA máis gelipollas .
Nesta nova entrega falan das vindeiras eleccións no Estado español ou das carnicerías de proximidade da cidade de Terrassa, porque non vai ser todo actualidade. Polo medio atoparedes unha sorpresiña que alegrará o día aos máis carallers. Ademais, hai un intre do programa no que o fillo de Silvio case entra no estudo/cuarto da fregona, pero por sorte non chega a pasar tal cousa. Hai que preservar a inocencia dese cativo como mínimo ata os catro anos.
Concursos caralleiros e faltadas varias, o menú clásico do mellor p*** podcast en galego do mundo. Volveu en forma, que vindo de onde viña tampouco é a hostia...
En redes, coma sempre, en @carallobueno - Silvio e Alberte volven coa SÉTIMA TEMPADA do podcast. Mi madriña a cantidade de chorradazas que contaron xa... coa de cousas que teñen que facer, criar fillos entre outras, e seguen con esta movida.
Neste caso fano dende o BCN MEDIA HUB, un estudo molón ao que Silvio devecía por ir dende 1983.
Houbo seccións, como o Cherengueto de gogones ou o Hitster patrio de Pablo Casal, ademais das historias de Alberte, a máis recente, a do gaiteiro octoxenario que lle quixo lamber unhas hostias.
En redes, coma sempre, en @carallobueno - Alberte e Silvio pechan a sexta tempada de Bueno Carallo Bueno desde o Centro Galego de Barcelona, como xa empeza a ser tradición.
Desta volta montaron o seu Cherengueto de Camesolas e venderon os primeiros exemplares das camisolas oficiais do programa. Ademais, Pablo Casal colleu os mandos da nave e someteunos a un test de galeguidade tan particular como necesario.
Tamén houbo tempo para falar do Mundial, do Papa León, de celebrar o ascenso do Celta Fortuna e de que Manoli adivinase o nome dun xogador da selección do Congo. Moi futbolera, ela.
Un directo con público, retranca, camisolas e moitas sorpresas.
En redes, en @carallobueno - Silvio e Alberte estrean a Summer Edition do BCB na terraza do primeiro.
Obrigado especial do ascenso do Dépor, promoción dos próximos eventos, cidades con nome de vella e máis desvaríos, propios do espazo e das altas temperaturas.
Un programa para fluir, rir e desaprender o galego.
Nas redes todas, en @carallobueno - Silvio e Alberte unha vez máis de paseo, ao máis puro estilo "gobelado", nunha nova edición de Estirando as pernas.
O escenario nesta ocasión é o Clot (barrio barcelonés de moda): o seu epicentro, unha libraría con algo de literatura galega e o bar La Coruña.
Silvio en modo bipolar e Alberte cheo de cansanzo. Imposible resumir o contido, só unha ilusión: poder contar con Henrique Monteagudo (presidente da RAG) no inicio da nova tempada.
ESCOITA, HENREQUE!
Más podcasts de Humor
Podcasts a la moda de Humor
Acerca de Bueno Carallo Bueno
Silvio e Alberte perpetran un podcast que non vai de nada e vai de todo. Non é un podcast calquera, é O MELLOR PUTO PODCAST EN GALEGO DO MUNDO.
Din eles.
Sitio web del podcastEscucha Bueno Carallo Bueno, Las Noches de Ortega y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app








































