O podcast “Achegando a Literatura Galega” é un espazo no que pai e filla conversan sobre un escritor galego en cada capítulo. Obra, estilo, curiosidades e algun...
Pechamos esta primeira tempada de Achegando a Literatura Galega co poeta popular con alma rural: Manuel María, quen elevou a Terra Cha, Galiza e a nosa literatura até onde debe estar. Oxalá máis galegos coma el!
--------
39:52
Eduardo Blanco Amor
Recordaremos neste noveno episodio as múltiples loitas de Blanco Amor: a defensa da II República, da pluralidade de España, das clases máis oprimidas ou da liberdade de tendencias sexuais. E.B.A. deixounos auténticas obras de arte como A Esmorga, Os Biosbardos ou Xente ao Lonxe, das que falararemos hoxe porque nunca é tarde para ler ou reler a este grande xenio.
--------
30:28
Manuel Antonio
Adicamos o oitavo episodio ao poeta do mar, ao vangardismo galego: a Manuel Antonio. Quen se foi demasiado novo no veleiro, para sempre, co peso eterno de todos os adeuses.
--------
33:31
Especial Letras Galegas
Neste especial das Letras Galegas faremos un repaso por todos os homenaxeados ata a actual Xela Arias.
--------
33:16
Alfonso Daniel Rodríguez Castelao
Enchemos este sexto episodio de frases célebres para celebrar o Castelao novelista, ensaista, dramaturgo, orador, pintor, debuxante, ilustrador, caricaturista e político. Para celebrar que “a nosa lingua rústica vive porque ainda temos moito que dicir nela”. Para celebrar a existencia dun galego que fixo que Galiza sexa máis grande.
O podcast “Achegando a Literatura Galega” é un espazo no que pai e filla conversan sobre un escritor galego en cada capítulo. Obra, estilo, curiosidades e algunha cousa máis sobre os escritores máis importantes da nosa literatura.
Escucha Achegando a Literatura Galega, Qué estás leyendo. El podcast de libros de EL PAÍS y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es