Powered by RND

Folcast

Folcast
Folcast
Último episodio

Episodios disponibles

5 de 12
  • A Fonsagrada: Antón Santamarina con Alba Cid. Ep.04
    Neste episodio compartimos unha conversa entre Antón Santamarina e Alba Cid realizada no marco do Tradfest organizada pola Central Folque. Antón, natural da Fonsagrada é unha figura fundamental para entender o xeito no que nos chegan as músicas de tradición oral xa que é coautor xunto a Dorothè Schubarth do “Cancioneiro Popular Galego” , obra de referencia pola súa magnitude e metodoloxía. Nesta conversa, repasa con Alba o contexto no que se realiza o cancioneiro así como en xeral a súa traxectoria
    --------  
    49:00
  • Terra Cha: Ai, Xermolos, dásmo todo! Ep.03
    Neste episodio repasamos a actividade da Asociación Xermolos, organizadora do Festival de Pardiñas.Para iso, contamos cunha intro de Xurxo Souto, así como entrevistas con “Rufi”, primeira mestra de baile da Escola de música de Xermolos, Alfonso Blanco, fundador e coordinador de Xermolos, Marina e Noemí Miraz, pertencentes á nova xeración de Xermolos e integrantes do Bolquinho e a Escola de Música. Para rematar, falamos con Xosé Arias, coordinador do último número da revista ”As nosas raíces”, editada por Xermolos e que se centra na figura do Reinote “O capador de Sesulfe”, improvisador oral que “falaba polo verso”.Todo adubiado con sorpresas musicais e de improvisación oral.
    --------  
    1:09:27
  • Lemos: Xosé Maceda e Nerea de Fornelas. Ep.02_Parte3
    Neste episodio continuamos pola Terra de Lemos da man da Vanessa de Vilaestava. Entrevistamos a Xosé Maceda, ex Quempallou e construtor de instrumentos de percusión. Tamén falamos con Nerea López, da Asociación Veciñal de Fornelas quen reflexiona sobre o impacto comunitario da celebración das Foliadas Guímaras, promovidas polo Concello da pobra do Brollón. Temos tamén unha sorpresiña en forma de conto por parte da cantareira e narradora María da Pontragha e outras sorpresiñas musicais
    --------  
    57:53
  • Lemos: Entrevista con Carme López. Ep.:02_Avance2
    Neste avance entrevistamos a Carme López, que ven de presentar o seu traballo “Vinde Todas” co seu proxecto Carmela, finalista dos Premios Martín Códax. Reflexionamos con ela sobre a adaptación e modernización das coplas e músicas tradicionais. Acompáñanos a Vanessa de Vilaesteva na condución
    --------  
    32:44
  • Lemos: O brindo con Sechu e Nuria. Ep. 02_Avance1
    Neste primeiro avance do episodio de Lemos, presentamos a Vanessa de Vilaesteva que nos acompañará por este territorio, entrevistamosa Sèchu Sende e Nuria Penas, falamos con Ramón Pinheiro (Chito), da Central Folque, reproducimos gravacións históricas dos brindeiros de Forgas e contamos cun “cameo” de Tegra de Tras o Couto. Un avance especial sobre o brindo, centrándodnos na súa dinamización a partir do traballo nas escolas, o Encontro Interescolar de brindo e outras estratexias que están a desenvolverse na Pobra do Brollón e Folgoso do Courel
    --------  
    39:32

Más podcasts de Música

Acerca de Folcast

Radio en liña sobre oralidade e tradición musical. Imaxinado por Branca Villares e Xosé Gago. Financiado pola Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
Sitio web del podcast

Escucha Folcast, LOS40 y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es

  • Añadir radios y podcasts a favoritos
  • Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
  • Carplay & Android Auto compatible
  • Muchas otras funciones de la app
Aplicaciones
Redes sociales
v7.23.9 | © 2007-2025 radio.de GmbH
Generated: 9/18/2025 - 1:59:01 PM