A Lareira podcast

A Lareira
A Lareira podcast
Último episodio

18 episodios

  • A Lareira podcast

    T3 E1 "Chichi e mais eu" Nico Campos e a recuperación do humor do seu pai

    19/02/2024 | 40 min
    Nico Campos vennos falar do seu documental finalista aos Mestre Mateo "Chichi e mais eu" e do libro "Estampas dun mundo elegante". Obras que poñen en valor a obra do humorista gráfico, guionista e "artistiña" Xesús Campos "Chichi" a quen se lle adica este ano o Día da Ilustración. Unha obra que tardou 12 anos en rematar e que serve coma homenaxe póstuma.
  • A Lareira podcast

    T2 D2 "Juanucha: Contrabando, guitarras e armas no avión" Diáspora 2

    12/12/2021 | 52 min
    Neste episodio coñecemos a Juanucha, emigrante retornada oriunda de Ribeira. Aos seus case 90 anos estívonos a contar as suas aventuras e desventuras na emigración en Newark (New York). Muller de Julián, o practicante de Ribeira, marchou cada el cando decidiu facer as américas, onde estiveron a traballar deixando aos fillos en Galicia.

    Juanucha falounos dos tempos do contrabando na súa vila natal, do nacemento da festa da Donra e do seu traballo na diáspora; nunha fábrica de armamento primeiro e de guitarras despois.

    Anos de traballo que culminaron na súa volta a Ribeira cunha pistola gardada entre a equipaxe.

    Estas e moitas historias máis, na Lareira de hoxe.
  • A Lareira podcast

    T2 E3 "Esther Estévez, xornalismo nas novas plataformas e a verinidade"

    29/10/2021 | 40 min
    Tivemos no podcast á xornalista Esther Estévez. Estivemos falando de novas plataformas, a elección de carreira profesional, música, aficións, entroido, e de como é pasar a infancia en Verín.
  • A Lareira podcast

    T2 E2 "Queco Lago e a súa primeira canción, Mírame"

    03/10/2021 | 46 min
    O cantautor pontevedrés Queco Lago vén Á Lareira presentarnos a súa nova canción "Mírame", o seu vindeiro videoclip e facer un percorrido polos seus temas e versións máis soados.

    Intercalamos parola e músicas, escoitando e falando sobre as composición máis persoais de Queco; o que significa para el expresarse a través da música, micros abiertos, proxectos de futuro, recomendacións musicais e literarias, e as amizades creadas a través desta arte.
  • A Lareira podcast

    T2 "Karina Espinoza, Neofalante Costarricense" A Lareira Diáspora 1

    25/09/2021 | 1 h 5 min
    Inauguramos a Tempada 2 de A Lareira coa primeira entrega da nova serie de podcasts "Diáspora: Conversas con galegos de acolá."

    A primeira convidada é Karina Espinoza, costarricense de nacemento e galego falante de corazón.Tartas de Santiago, Shin Chan en galego, Neira Vilas e rapaces de Riazor que che fan ser do Celta de Vigo.
Más podcasts de Cine y Televisión
Acerca de A Lareira podcast
Podcast en galego sobre Cine,música, literatura,ciencia, cultura pop e o que xurda. -Presentado por Raquel Besteiro Gestoso
Sitio web del podcast

Escucha A Lareira podcast, Cowboys de Medianoche y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es

  • Añadir radios y podcasts a favoritos
  • Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
  • Carplay & Android Auto compatible
  • Muchas otras funciones de la app