Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Música no Claustro

Último episodio
53 episodios
- Neste episodio de Resonancias viaxamos ao Festival de Batuku de Tarrafal, na Illa de Santiago, para achegarnos a unha das manifestacións culturais máis antigas e poderosas de Cabo Verde.
A través da música, da danza e da palabra, percorremos a historia dun ritmo que sobreviviu á represión colonial grazas ao enxeño, á resistencia e ao papel fundamental das mulleres na súa preservación.
Contamos coa participación de Mário Lúcio, Marisa Correia e Ana Paula Moura, tres voces clave para comprender a evolución do batuku, desde os espazos comunitarios ata os escenarios contemporáneos. Unha expresión cultural viva que segue a expandirse máis alá do arquipélago, conectando memoria, identidade e novas xeracións.
Dirección: Beatriz Fontán
Produción executiva e comisariado: Samuel Diz
Deseño gráfico: Beatriz Fontán
Revisión lingüística: Olga Nogueira
Interveñen: Mário Lúcio, Marisa Correia e Ana Paula Moura
Fotografía de portada: ©Beatriz Fontán
Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital. - Os museos de música son espazos onde o patrimonio material dialoga co son, coa memoria e coa práctica viva. Neste episodio achegámonos ao Museu de la Música de Barcelona para coñecer como se constrúe, se conserva e se activa unha colección de instrumentos musicais nun museo especializado, en paralelo á preservación de acervos persoais de nomes propios da música catalá.
Conversamos con Marisa Ruiz Magaldi, xefa de coleccións e documentación desde 2015, sobre a historia e a estrutura da institución, os criterios de adquisición e exposición, o papel das reservas e os retos da conservación preventiva. Falamos tamén dos protocolos que determinan cando un instrumento pode soar e cando debe permanecer en silencio, así como das vías de acceso á investigación do acervo do museo.
Dirección: Beatriz Fontán
Produción executiva e comisariado: Samuel Diz
Deseño gráfico: Beatriz Fontán
Revisión lingüística: Olga Nogueira
Intervén: Marisa Ruiz Magaldi
Música: "So de pastera”, do compositor Baltasar Samper (Mallorca, 1888- México, 1966), interpretada por Javier Riba e Samuel Diz en "Memoria de la melancolía" (Poliédrica, 2020).
Fotografía de portada: ©Beatriz Fontán
Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital. - A lutería é un oficio no que a presenza das mulleres segue a ser minoritaria, pero nos últimos anos estase a producir un cambio progresivo e significativo. Neste episodio de Resonancias falamos de xénero, memoria e futuro a través de Women in Lutherie, unha comunidade internacional que traballa para visibilizar o papel das mulleres na construción, investigación e conservación de instrumentos musicais.
Conversamos con Ruth Obermayer, lutier alemá afincada en Granada e Community Facilitator desta comunidade, sobre a orixe do proxecto, os desafíos actuais do sector, a relación coas novas xeracións e a necesidade de crear espazos seguros e redes de apoio.
Un episodio para entender un movemento silencioso que está a resignificar o oficio desde dentro e a construír un horizonte máis xusto, diverso e compartido para as mulleres na lutería.
Dirección: Beatriz Fontán
Produción executiva e comisariado: Samuel Diz
Produción de son: Isaac Palacín
Deseño gráfico: Beatriz Fontán
Revisión lingüística: Olga Nogueira
Intervén: Ruth Obermayer
Música: "Dona Alvela" interpretada por Faia e Bleuenn Le Freic no Festival Música no Claustro 2024.
Fotografía de portada: Ruth Obermayer por © Adrián Ortiz Arandes
Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital. - A musicóloga galega Eva Moreda, especialista na historia musical da España contemporánea, toma o artigo “Music in Spanish Galicia” (1924), do británico John Brande Trend, como detonante para abrir unha nova liña de investigación dedicada á música e ao son na experiencia dos viaxeiros británicos en Galicia. A súa participación conta co apoio do Glasgow Knowledge Exchange Fund da Universidade de Glasgow, institución da que é catedrática de musicoloxía.
Moreda explora como, antes de Trend, diversos viaxeiros británicos visitaron Galicia a comezos do século XX e deixaron nas súas guías e memorias nu-merosas referencias á música e aos sons que escoitaron: gaitas, pandeiretas, procesións, música relixiosa ou cancións populares. A través destas testemuñas —de Annette Meakin, Walter Wood, Catherine Hartley ou Aubrey Bell— reconstrúe a paisaxe sonora histórica desa época e analiza como contribuíron a crear un imaxinario británico sobre Galicia, ás veces idealizado, pero sempre revelador.
Dirección: Beatriz Fontán.
Produción executiva e comisariado: Samuel Diz.
Produción de son: Isaac Palacín.
Deseño gráfico: Beatriz Fontán.
Revisión lingüística: Olga Nogueira.
Intervén: Eva Moreda.
Música: Música: "Romance de don Gaiferos" Romance de cego arranxado por Pedro Lamas, e interpretado por Germán Díaz, Antonio Romero Cienfuegos e o propio Lamas no Festival Música no Claustro 2024
Fotografía de portada: Nikolai Zelmjannikov
Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital. - Neste episodio escoitamos as voces de Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela, tres persoas que deciden apostar polo oficio da construción de instrumentos musicais desde lugares e momentos vitais moi distintos, equilibrando vocación, realidade e entusiasmo.
A través das súas experiencias persoais coñecemos mudanzas internacionais, retornos a Galicia, aprendizaxes intensas e paróns necesarios. Fálannos das dificultades reais do oficio, dos retos económicos e emocionais, dos teitos de cristal e tamén da importancia de atopar espazos de calma onde crear, reparar e recuperar sentido.
As súas traxectorias, honestas e cheas de humanidade, lembran que detrás de cada instrumento feito a man hai unha vida en cambio continuo. E que compartir estes procesos, falar deles e poñelos en común, fortalece o sector e dálle valor á artesanía contemporánea.
Dirección: Beatriz Fontán
Produción executiva e comisariado: Samuel Diz
Produción de son: Isaac Palacín e Samuel Diz
Deseño gráfico: Beatriz Fontán.
Revisión lingüística: Olga Nogueira.
Interveñen: Ana Fariña, Guillermo Dacal e Patricia Cela
Música: «Tempo molto moderato» e «Lento expresssivo» do "Quintet for Oboe and Strings" de Arnold Bax (Londres 1883 - Cork, 1953). Iria Folgado "Ecos de Breogán" (Poliédrica, 2023).
Fotografías de portada: Retratos de Ana Fariña e Guillermo Dacal cedidas por Artesanía de Galicia e o retrato de Patricia Cela feito por Elena Llanes.
Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast e doutras Formas de Creación Dixital.
Más podcasts de Manualidades
Podcasts a la moda de Manualidades
Acerca de Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Resonancias é unha plataforma de divulgación de diversas experiencias, reflexións e ideas relacionadas coa investigación, a conservación e a construción de instrumentos musicais. Os contidos deste podcast forman parte do Foro profesional impulsado pola Fundación Pública Artesanía de Galicia, no festival Música no Claustro con sede na Catedral de Tui.
Este PODCAST está financiado pola Unión Europea a través dos fondos Next Generation do Plan de Recuperación, Transformación e Resiliencia do Ministerio de Cultura, no marco das Axudas Públicas para a Promoción do Sector do Videoxogo, do Podcast
Sitio web del podcastEscucha Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais, Planner Pals y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app
Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app


Resonancias. Foro profesional de instrumentos musicais
Escanea el código,
Descarga la app,
Escucha.
Descarga la app,
Escucha.







