Os bateeiros galegos recibiron a desagradable visita da marea vermella ás portas do Nadal ameazando a súa campaña navideña. Falamos co presidente da Asociación de Produtores de Mexillón de Vilanova de Arousa, Manuel Janeiro, sobre as repercusioóns que pode ter o peche dos polígonos de bateas e sobre outros problemas que ten o sector. Comezan as actividades do proxecto Mar e Rías, que impulsan os Grupos de Acción Local do Sector Pesqueiro de Galicia. Guillermo González, xerente do GALP da Costa da Morte, explícanos como se pretende promocionar o turismo pesqueiro a través desta iniciativa. Avanzamos o contido das próximas Xornadas Técnicas de Difusión do Sector Pesqueiro que se van desenvolver en Celeiro falando cun dos relatores que participarán, Raul Villa Caro. Lembramos o naufraxio que lle deu o nome á Costa da Morte. O investigador Rafael Lema cóntanos que hai de verdade e que de lenda en todo o que se di do afundimento do barco da armada británica Serpent. O biólogo Xavier García desvélanos que hai "esponxas carnívoras".
--------
0:57
--------
0:57
Mar de ardora 24-11-2025
Falamos co Director Xeral de Pesca e Acuicultura da Xunta, Cándido Rial, das posibilidades de modificar o reparto da captura de sardiña nas augas ibéricas. Na próxima tempada non se poderá pescar salmón en Galicia. Explicanos as razóns desta veda o presidente da Federación Galega de Pesca, Manuel Mouzo. Camino Gestal, do Instituto de Investigacións Mariñas, cóntanos en que consiste o proxecto Octosan, que tenta determinar os motivos do descenso da redución de capturas de polbo en Galicia. Alberto Ordóñez fai o seguimento da descarga en Marín das mil cincocentas toneladas de lura que trae das Malvinas un buque conxelador. Camariñas foi seleccionada para participar no proxecto "Voces do Mar" , unha iniciativa que pretende difundir a memoria das comunidades da pesca artesanal sobre a que conversamos co presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero. O noso colaborador Xavier García fálanos dos peixes voadores.
--------
0:57
--------
0:57
Mar de ardora 17-11-2025
Os cerqueiros galegos seguen capturando bocarte ás portas do inverno. Falamos desta inusual situación co voceiro da Asociación de Armadores do Cerco de Galicia, Manuel Suárez. Os españois consumen un 30% menos de peixe que hai unha década. Preguntámoslle os motivos a Luisa Álvarez, directora da federación que agrupa aos comercializadores de pescado. A oceanógrafa Marta Álvarez explícanos en que consiste BioGeoSea, un proxecto para examina-la saúde dos océanos. O enxeñeiro naval Raul Villa cóntanos a historia do patrulleiro "Cabo Fradera", o segundo barco máis antigo da armada, que ten base en Tui. O biólogo Javier García dinos como localizan o seu alimento as aves mariñas.
--------
56:58
--------
56:58
Mar de ardora 10-11-2025
Falamos coa xerente adxunta da Cooperativa de Armadores de Vigo, Mercedes Rodríguez, sobre os efectos da proliferación de megaarastreiros nos caladoiros comunitarios. Carlos Lois, da confraría do Grove, infórmanos da marcha da campaña do ourizo. David Villar cóntanos nunha reportaxe como se xestiona a colleita de algas en Galicia. Tamén coñecemos un proxecto da Universidade de Santiago e a empresa Porto Muiños sobre cultivo e comercialización das algas salicornias. Conversamos con Pilar Otero, presidenta da Asociación Nacional de Mulleres da Pesca e o biólogo Javier García descúbrenos os moluscos máis raros das nosas costas.
--------
56:54
--------
56:54
Mar de ardora 03-11-2025
O presidente da Federación Nacional de Confrarías, Basilio Otero, cóntanos o tratado na xuntanza que mantiveron os pósitos do Cantábrico para poñer sobre a mesa os probelas da pesca artesanal. Para facer balance do bono-peixe falamos coa Conselleira do Mar, Marta Villaverde, e coa propietaria dunha peixería de Lugo, Isabel Peña. Conversamos sobre os accidentes no mar con Fran Pena, coordinador do sector marítimo de CCOO de Galicia. Con Alberto Ordóñez coñecemos a historia da conserveira máis antiga de España, Palacio de Oriente. Xavier García deixa a un lado desta volta os peixes para centrar a súa atención nos pescadores; concretamente na etnia Bajau de Malaisia e Indonesia, uns homes cunhas facultades inigualables para o mergullo en apnea.
Escucha Todos os podcast | Mar de ardora, Die Sprache der Pflanzen – Gespräche mit Wolf-Dieter Storl y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es