158 episodios
- O noso terceiro convidado é Christoph Schreinmoser, doutor en Dereito Internacional Público e director do Instituto Galego de Análise e Documentación Internacional. Con el reflexionamos sobre o papel de Galicia no escenario internacional, as posibilidades da súa acción exterior e os mecanismos para construír unha voz propia no mundo, cunha mirada bávara e tamén moi galega.
Músicas:
Happy to see you again - MooveKa
Balkan noodles - Jonathan Hadas - O maltés é hoxe a lingua nacional e oficial de Malta. Un idioma semítico con arredor de medio millón de falantes que ten que competir coa outra lingua oficial do país, o inglés.
Por Malta pasaron unha chea de pobos, desde os romanos, pasando polos árabes até os británicos, que deixaron a súa pegada na identidade e lingua propia da illa.
Durante séculos o maltés foi o idioma do pobo, mentres que as elites falaban italiano.
Esta situación comezou a mudar cando Malta se converte nunha colonia do Imperio Británico, comeza un conflito lingüístico entre italiano e inglés, co que finalmente, nos anos 30 o maltés acabou por obter recoñecemento. Con todo, o pobo maltés tivo que loitar algunhas décadas máis pra lograr a independencia do Reino Unido.
Hoxe o maltés está normalizado, é mesmo un idioma oficial da Unión Europea e pola contra sufre unha situación de diglosia que a moitos galegos nos pode parecer bastante familiar.
Músicas:
Russian Dance - Joey Pecoraro
Balkan - Crowander
Sos de su '39 - Coro Canarjos
Il-Lament ta´ Filfla - Ghana Duo
L-Innu Malti - Robert Samut
The Travellers - Sbejha #Petisco lixeiro. A Soberana Orde Militar de Malta - Episodio exclusivo para mecenas
28/04/2026 | 11 minAgradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! A Soberana Orde Militar de Malta é a herdeira dos antigos cabaleiros hospitalarios das Cruzadas, que chegaron a gobernar Rodas, e logo Malta até que Napoleón ocupou a illa en 1798. Desde entón, a orde instalouse en Roma e mantén unha situación moi peculiar: ten sede propia, constitución, bandeira, himno, pasaportes e relacións diplomáticas con máis de 100 países, ademais de status de observadora na ONU.
Porén, non é un estado completo, o seu territorio son dous palacios en Roma e a organización depende en boa medida da autoridade do Papa. Hoxe a súa función principal xa non é militar, senón humanitaria: xestiona hospitais, proxectos sociais e axuda internacional a través de miles de voluntarios. É unha anacronía do medievo convertida en organización solidaria moderna.
Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924- A nosa segunda convidada é Cristina Terceiro, xornalista e comunicadora de profesión, podcasteira (escoitai o seu fantástico podcast Viaxantas!) e boa coñecedora da diáspora galega, tanto en Bélxica como en Arxentina. Conversamos con ela sobre a vida en Bruxelas, as institucións europeas onde traballa, o activismo cultural na diáspora e máis a vitalidade e os preconceitos que temos da emigración galega en Arxentina.
Músicas:
Happy to see you again - MooveKa
Balkan noodles - Jonathan Hadas - Agradece a este podcast tantas horas de entretenimiento y disfruta de episodios exclusivos como éste. ¡Apóyale en iVoox! Os gorales son unha etnia que habita os Tatras, a serra dos Cárpatos que separan a Polonia de Eslovaquia, hoxe son arredor duns 100.000 entrambos lados da fronteira. A súa forma de vida sempre estivo moi ligada á paisaxe e ás montañas nas que habitan, e ó viviren de maneira isolada, e nunha rexión de fronteira desenvolveron unha identidade e cultura diferenciadas da eslovaca e polaca.
Durante os séculos XIX e parte do XX os gorales representaron pra moitos intelectuais románticos e nacionalistas polacos a idea do salvaxe libre, o perfecto polaco que mantiña a identidade da patria oprimida nos seus vales e montañas, onde vivía fóra da órbita de Viena, Moscova ou Berlín, nun período no que o estado polaco non existía.
Coa chegada do desenvolvemento económico e a modernidade á rexión dos gorales estes souberon explotar ben tanto a beleza das súas montañas como esa fama de montañeses feros e auténticos que tan ben casaba cos estereotipos desenvolvidos polos intelectuais nacionalistas durante décadas.
Hoxe os gorales aínda se senten orgullosos desta identidade diferenciada, mesmo se ás veces esta teña máis de performance pra turistas que outra cousa.
Escucha este episodio completo y accede a todo el contenido exclusivo de Fóra de Mapa. Descubre antes que nadie los nuevos episodios, y participa en la comunidad exclusiva de oyentes en https://go.ivoox.com/sq/1160924
Más podcasts de Historia
Podcasts a la moda de Historia
Acerca de Fóra de Mapa
O podcast que dá a coñecer as minorías menos visibles que existen en Europa.
Sitio web del podcastEscucha Fóra de Mapa, Relatos de la Historia y muchos más podcasts de todo el mundo con la aplicación de radio.es

Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app
Descarga la app gratuita: radio.es
- Añadir radios y podcasts a favoritos
- Transmisión por Wi-Fi y Bluetooth
- Carplay & Android Auto compatible
- Muchas otras funciones de la app


Fóra de Mapa
Escanea el código,
Descarga la app,
Escucha.
Descarga la app,
Escucha.
Fóra de Mapa: Podcasts del grupo






































